Vistas de página en total

sábado, 22 de octubre de 2011

Haile Gebrselassie, premio Principe de Asturias dos deportes


O que é, posiblemente o mellor atleta de fondo da historia foi galardonado esta semana co premio Principe de Asturias dos deportes. Destaco esta noticia, non só por ter que ver cos deportes, senon pola importancia que lle da, a este galardón,  un atleta da talla do etiope. Nacer en Etiopía configuroulle unhas condicións xenéticas maravillosas, pero tamén unha capacidade de sacrificio enorme debido as duras condicións de vida que alí se soportan. É a través dun deporte coma o atletismo, como Haile, aplica nel, o que na vida aprendeu, sacrificio e traballo para chegar o mais alto, pero non de calquera maneira, chegando cunha sorisa na cara onstantemente e sendo un autentico campión nas victorias e nas derrotas. Fai apenas unhas semanas, retirábase da Maratón de Berlín por lesión, aceptou con humildade e bo humor esa situación, e declarou querer correr nos Xogos Olímpicos de Londres 2012, onde probablemente, veremos correr por última vez o mellor. Nótaseme e recoñezo predilección por este atleta que me fixo disfrutar en tantas carreiras.
  Déixovos, en francés, unha das súas carreiras mais incribles: Final Olímpica de 10000 m.l. Sydney 2000


jueves, 20 de octubre de 2011

SAN MARTIÑO 2011

    
              O departamento de Educación Física e de deportes quere comunicar a celebración da carreira popular do San Martiño, que se celebrará en Ourense o día 6 de Novembro. Como tódolos anos, animámosvos a celebrar cos vosos fillos esta festa do deporte que é esta tradicional carreira. Para todos aqueles asiduos a ela, sólo comentarvos que sería de gran axuda que me digades quen vai a participar e quen non, co fin de facer unha inscripción acorde. Os que nunca participástedes nela, gustaríame explicarvos polo miudo como facer. Ós alumnos e alumnas se lles entregará o dorsal, que ten que vir colocado na parte dianteira da camiseta, e un dispositivo (chip) que colocado na zapatilla sirve para saber a orde de chegada e resultado do pequeno atleta. A carreira escolar e de 4´5 km polo que aqueles alumnos/as pequenos de 6 a 11 anos debería facer o percorrido acompañado dos seus pais, xa que é unha distancia importante. Como se trata dunha festa, o alumno/a e o que decide como facer a proba, correndo as veces, camiñando se o precisa...en función das súas capacidades. Póñovos o regulamento que tamén podedes atopar nesta dirección: http://www.ourense.es/portalOurense/fdes_d4_v1.jsp?contenido=3247&tipo=6&nivel=1400&language=gl&codMenu=16&codMenuPrimerNivel=2

Regulamento categoría menores
1.- Esta carreira está reservada para todos os nenos/as nados en 1995 e seguintes
que participen de forma individual e para todos os centros escolares, tanto públicos
coma privados.
2.- A inscrición farase preferentemente a través dos colexios en www.ourense.es . De
xeito individual, os corredores con DNI inscribiranse a través de [www.ourense.es] e
[www.championchipnorte.com] e os corredores sen DNI nas oficinas do Pavillón dos
Remedios, C/ Pardo de Cela número 2.
3- Esta proba dará comezo ás 12.30 horas, con saída na Ponte do Milenio e meta na
rúa Pardo de Cela. O percorrido será de 4.500m, e discorrerá polas seguintes rúas:
Ponte do Milenio, Basilio Álvarez, Avda. das Caldas, Ponte Vella, Progreso, Praza de
Pontevedra, Paseo, Curros Enríquez, Rotonda da Policía Nacional, Ponte Nova,
Ribeira de Canedo, Ponte Vella e Pardo de Cela.

4.- Establécense as mesmas categorías para homes e mulleres, son as seguintes:
Alevín: Nados en 2001 e 2002
Infantil: Nados en 1999 e 2000
Cadete: Nados en 1997 e 1998
Xuvenil: Nados en 1995 e 1996

5.- Estableceranse clasificacións individuais e por colexios
- Clasificación individual:
Trofeo aos tres primeiros atletas de cada categoría, tanto masculina como feminina.
- Clasificación por colexios:
Premio de 120 € en material deportivo para todos os colexios que presenten un
mínimo de 25 deportistas na chegada.
Ademáis, os 6 primeiros colexios clasificados de Primaria e os 6 primeiros colexios
clasificados de Secundaria e Bacharelato recibirán premios en material deportivo:
1º 300€, 2º 250€, 3º 200€, 4º 150€, 5º 120€ e 6º 100€.
6.- No momento de retirar os dorsais, o delegado do colexio, necesariamente un
adulto, recibirá as indicacións precisas para o mellor desenvolvemento da proba,
debendo recoller e devolver os chips dos seus participantes. Todos os inscritos que
teñan recibido o seu chip teñen a obriga de devolvelo ao remate da proba.
7.- A proba pedestre para menores, salvo no especificado neste regulamento,
rexerase polo regulamento xeral da XXXV Carreira Pedestre Popular do San Martiño.
8.- Os adultos que acompañen ós nenos e nenas no percorrido escolar non entrarán
na clasificación.

            Como podedes ver a saida é as 12:30 dende a ponte do milleniun. De todos xeitos soemos por un punto de encontro dos alumnos/as do colexio co fin de sair todos xuntos. Este é xusto frente a rotonda que hai no pavillón dos remedios, o lado da critalera da piscina. Estaría moi ben que os alumnos trouxeran o dorsal xa colocado (no peito) e o chip colocado na zapatilla. Eu e outros profes soemos sair tamén na carreira acompañando os alumnos/as. É recomendable estar alí como mínimo 40 minutos antes, para quentar en condicións, resolver calquera dúbida e colocarse ben na saida aqueles que teñan intención de competir a proba mais en serio.  Sen mais, emplazarvos de novo a que vos animedes, e que me preguntedes calquera dúbida que teñades o respecto. Un saudo