Vistas de página en total

lunes, 7 de noviembre de 2011

"XVI CROSS GUILLELME BROWN"



 
Despois da San Martiño, xa nos pomos mans a obra pra organizar e confeccionar os equipos do Cross do Colexio. Tedes o regulamento aquí mesmo. Co fin de ter os equipos do cole feitos o antes posible pedimos tamén que nos confirmedes a presenza ou non dos vosos fillos. Os pais e nais que desexedes correr deberedes enviar un correo a administración dando os vosos datos, nome completo e data de nacemento. Esto mesmo e aplicable a calquera neno ou adulto alleo ó centro. Os nenos do colexio xa os inscrivo eu. Un saudo e gracias


 REGULAMENTO


O Colexio GUILLELME BROWN celebrará a partir das 10:30 horas do sábado 19 de novembro de 2011 o "XVI Cross Guillelme Brown", con participación nas categorías Prebenxamín, Benxamín, Alevín, Infantil, Cadete, Absoluta/Xunior/Xuvenil e Pais/Nais/Profesores do colexio, atendendo ás seguintes normas:


1. CATEGORÍAS:

-
Pre-benxamín: Nados/as nos anos 2005 e posteriores.
-
Benxamín Feminino: Nadas nos anos 2003-2004.
-
Benxamín Masculino; Nados nos anos 2003-2004.
Alevín Feminino: Nadas nos anos 2001-2002.
-
Alevín Masculino: Nados nos anos 2001-2002.
- Infantil Feminino: Nadas nos anos 1999-2000.
-
Infantil Masculino: Nados nos anos 1999-2000.
-
Cadete Feminino: Nadas nos anos 1997-1998.
-
Cadete Masculino: Nados nos anos 1997-1998.
-
Absoluta: Nados/as nos anos 1996 e anteriores.
-
Pais/Nais/Profesores do colexio.


2. HORARIOS E PERCORRIDO:

O percorrido realizarase polo interior do colexio, sendo cada volta de 750 metros para todas as categorías agás os Pre-benxamíns, que recorrerán un circuito máis pequeño.

- 10:30 horas.- Saída categoría Pre-benxamín. (1 volta)
- 10:45 horas.- Saída categoría Benxamín. (1 volta)
- 1
1:00 horas.- Saída categoría Alevín feminino. (1 volta)
-
11:15 horas.- Saída categoria Alevín masculino. (2 voltas)
-
11:30 horas.- Saída categoría Infantil feminino. (2 voltas)
-
11:45 horas.- Saída categoría Infantil masculino. (3 voltas)
-
12:00 horas.- Saída categoría Cadete feminino. (3 voltas)
-
12:15 horas.- Saída categoría Cadete masculino. (4 voltas)
-
12:30 horas.- Saída categoría Pais/Nais/Profesores do colexio. (2 voltas)
-
12:45 horas.- Saída categoría Absoluta. (5 voltas)

-
13:15 horas.- Entrega de Trofeos.

3. PARTICIPACIÓN:

Poderán participar todos os colexios, clubes e asociacións convidadas ao efecto cun máximo de dous equipos por categoría de seis corredores/as cada un, e calquera atleta que o desexe a nivel individual.

4. INSCRICIÓNS:

As inscricións realizaranse por escrito en impresos separados por categorías e equipos. Remitiranse ao colexio Guillelme Brown por correo ordinario ("A Merteira", Pereiro de Aguiar, 32710 Ourense), por correo electrónico (administracion@guillelmebrown.com), por FAX (988%u2011259678) ou por teléfono (988%u2011259589) antes do xoves 17 de novembro.

O día da proba poderanse realizar os cambios que sexan precisos ata 30 minutos antes do inicio das carreiras.

5. DORSAIS:

Os dorsais serán facilitados pola organización e entregaranse 30 minutos antes do inicio do cross.

6. CLASIFICACIÓNS:

Establécense dúas clasificacións:

a) Individual; segundo a orde de entrada en meta.
b) Por equipos; sumando os puntos obtidos polos catro atletas mellor clasificados/as dun equipo, resultando vencedor o equipo que sume menor número de puntos.


7. PREMIOS E TROFEOS:

a)    
Trofeo aos dous mellores equipos clasificados en cada categoría.
b)    Medalla aos tres primeiros/as clasificados/as en cada categoría.
c)     Camisetas a todos os participantes que cheguen á meta.

A clasificación será absoluta e por categorías (Prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete e absoluta, tanto masculino como feminino).

8. OUTROS APARTADOS:

- Os corredores/as deberán situarse na zona de saída cinco minutos antes do inicio, unha vez avisados polos xuíces.

- Ao longo do percorrido haberá controis a cargo da organización.


-
A organización non se fai responsable dos danos físicos ou morais que se deriven da mencionada proba.

O colexio Guillelme Brown facilitará un autocar para desprazamento dos equipos da cidade que presenten un mínimo de 30 participantes.

Debido ao espíritu totalmente deportivo e popular da proba, non se admitirán reclamacións.

Aqueles aspectos que non contemple este regulamento serán decididos tendo en conta o regulamento da Federación Galega de Atletism