Vistas de página en total

domingo, 19 de octubre de 2008

Benvidos- Welcome

Hola a todos

Nace hoxe este blog coa finalidade de otorgar a máxima información posible acerca da asignatura de educación física a alumnos, pais e demais profesores. A idea surxe coa intención de axudar, sobre todo ós alumnos e a súa familia a que coñezan o porque dos contidos que se realizarán na materia e a importancia da Educación Fisica na ensinanza en primaria e en secundaria, non somentes, como unha materia de esparcimento, como moitos pensan, senon como unha pedra fundamental no desenrolo educativo dos alumnos.

E certo que os exames teóricos non son en dureza comparados con calquera outra materia do curriculo e esto, en tempos tan competitivos, e por mor dunha cultura educativa contaminada, fixo que moitos baixaran a educación física a un nivel inferior ó que lle corresponde. Nunca mais lonxe da realidade. O proceso educativo que se leva a cabo en Educación Física e tan completo e complexo, que o feito de ser unha materia "relativamente" sinxela de superar, a convirte nun acto educativo imprescindible nos tempos que corren. E digo relativamente sinxela, porque outra parte da grandeza da Educación Física reside en que o realmente importante é o proceso que levamos a cabo o longo das escasas duas horas de clases semanais e non na cuantificación dunhos resultados. É a actitude e o esforzo diario o que permiten superar a materia e a adquisición de coñecementos e habilidades.
É por moitisimas razóns polas que reivindico a Educación Física pero para resumilas un pouco, non so no aspecto físico que é o mais evidente senon polos contidos que se traballan a todos os niveles, percepción espacial, temporal, toma de decisións, reaccion a imprevistos, relación co grupo e con un mesmo, respeto de normas de convivencia, traballo en equipo e actitudes tan desfasadas no noso tempo como o traballo, sacrificio e forza de vontade, espirito de superación... de momento creo que temos suficientes argumentos para comezar...