Vistas de página en total

martes, 25 de noviembre de 2008

La mejor competicion de Salto de longitud de la historia. Tokio 1991, Carl Lewis y Mike Powell realizan la segunda mejor marca de la historia y el actual record del mundo. Perdonad la calidad.


lunes, 17 de noviembre de 2008

XIII CROSS (16/11/2008)





XIII Cross Guillelme Brown

O Colexio GUILLELME BROWN celebrará a partir das 11:00 horas do sábado 29 de novembro de 2008 o "XIII Cross Guillelme Brown", con participación dentro das categorías Pre‑benxamín, Benxamín, Alevín, Infantil, Cadete, Absoluta e Pais/Nais do colexio, atendendo ás seguintes normas:

1.‑ CATEGORÍAS:
. Pre‑benxamín: Nacidos/as nos anos 2001 e posteriores.
. Benxamín Feminino: Nacidas nos anos 1999‑2000.
. Benxamín Masculino; Nacidos nos anos 1999‑2000­
. Alevín Feminino: Nacidas nos anos 1997‑1998.
. Alevín Masculino: Nacidos nos anos 1997‑1998.
. Infantil Feminino: Nacidas nos anos 1995‑1996
. Infantil Masculino: Nacidos nos anos 199519‑96
. Cadete Feminino: Nacidas nos anos 1994‑1993.
. Cadete Masculino: Nacidos nos anos 1994‑1993.
. Absoluta: Nacidos/as nos anos 1992 e anteriores.
. Pais/Nais do colexio.
2.‑ HORARIOS:
11:00 horas.‑ Saída categoría Pre‑benxamín.
11:15 horas.‑ Saída categoría Benxamín.
11:30 horas.‑ Saída categoría Alevín feminino.
11:45 horas.‑ Saída categoria Alevín masculino.
12:00 horas.‑ Saída categoría Infantil feminino.
12:15 horas.‑ Saída categoría Infantil masculino.
12:30 horas.‑ Saída categoría Cadete feminino.
12:45 horas.‑ Saída categoría Cadete masculino.
13:00 horas.‑ Saída categorías Absoluta e Pais/Nais do colexio.
13:30 horas.‑ Entrega de Trofeos
3.‑ PARTICIPACIÓN:
Poderán participar todos os colexios, clubes e asociacións invitadas ao efecto cun máximo de dous equipos por categoría de seis corredores/as cada un, e calquera atleta que o desexe a nivel individual.
4.‑ INSCRICIÓNS:

As inscricións realizaranse por escrito en impresos separados por categorías e equipos.
Remitiranse ao colexio Guillelme Brown por correo ("A Merteira", Pereiro de Aguiar, 32710 Ourense), por correo electrónico (administracion@guillelmebrown.com), por FAX (988‑259678) ou por teléfono (988‑259589) antes do xoves 27 de novembro .
O día da proba poderanse realizar os cambios que sexan precisos ata 30 minutos antes do inicio das carreiras.
5.‑ DORSAIS:
Os dorsais serán facilitados pola organización e entregaranse 30 minutos antes do inicio do cross.
6.‑ CLASIFICACIÓNS:

Establécense dúas clasificacións:
-Individual; segundo a orde de entrada en meta.
-Por equipos; sumando os puntos obtidos polos catro atletas mellor clasificados/as dun equipo, resultando vencedor o equipo que sume menor número de puntos.
7.‑ PREMIOS E TROFEOS:
- Trofeo aos dous mellores equipos clasificados en cada categoría.
- Medalla aos tres primeiros/as clasificados/as en cada categoría.
- Camisetas a todos os participantes que cheguen á meta.
8.‑ OUTROS APARTADOS:
‑ Os corredores/as deberán situarse na zona de saída cinco minutos antes do inicio, unha vez avisados polos xuíces.
‑ Ao longo do percorrido haberá controis a cargo da organización.
- A organización non se fai responsable dos danos físicos ou morais que se deriven da mencionada proba.
‑ O colexio Guillelme Brown facilitará un autocar para desprazamento dos equipos da cidade que presenten un mínimo de 30 participantes.
"A Merteira", doce de novembro de 2008.