Vistas de página en total

martes, 5 de junio de 2012

Campeonato Galego Alevín e Benxamín de Atletismo

O sabado 2 de Xuño celebrouse a última das probas deste ano, pertencentes as categorias escolares. Os mais pequenos deste deporte competiron a nivel galego en Ferrol, cerrando unha tempada fantástica. Se fai tres anos cando se iniciaba este proxecto, non se clasificaba ninguén para este campionato, agora os atletas do Guillelme rozan xa as medallas, e compiten de ti a ti cos mellores atletas galegos da súa categoría. Ata Ferrol se desprazaron os seguintes.
Catuxa Fernández Bustillo, estivo competindo na súas marcas, en probas con un enorme nivel, clasificouse 15º en 500m.l. e 17º en Salto de lonxitude.
Martín Míguez quedou o 13º no 500 alevín mellorando a súa marca en dous segundos. É moi versatil, alevín de 1º ano e non se dubida que no futuro será unha referencia no atletismo provincial.
Beltrán Sousa, non logrou clasificarse para a final de 60 m.l., ainda que tiña unha das mellores marcas, e no 500 m.l. quedou 8º nunha carreira das de mais nivel de todo o campionato.
Sabela Blanco, competiu excepcionalmente, 6ª en Pelota e 7ª en Peso. Con un pouquiño de experiencia podería convertirse na nosa lanzadora de referencia.
José Alonso, coma sempre competiu a perfección. 7º no 50 m.l. e 5º en Peso benxamín.
Fabio Justo segue dando pistas do enorme mediofondista que pode ser, quedou 4º nos 1000 benxamín, de todos xeitos, como debe facerse, realiza outras probas na súa completa formación e competiu tamen no 50m.l ainda que non acadou a final.

6 atletas do Guillelme que puideron ser 3 mais xa que Naira Mella, Lucía Bobillo e Xiana Cid estaban clasificadas por marcas, nunha competición moi dificil pola cantidade de rapaces e rapazas que hai. Éxito total, dificil de repetir. A descansar e a pensar na seguinte tempada.

miércoles, 23 de mayo de 2012

EMMA LORENZO doble medallista no Galego Cadete de atletismo


 A atleta Emma Lorenzo, amosou unha vez mais a calidade que atesora. Con apenas 1 hora a semana de adestramento, co que eso supón nunha especialidade tan técnica conseguiu a medalla de bronce en lonxitude con unha marca de 4,45 e o subcampeonato galego de Triple salto con mellor marca, 9´98 o que supón mínima para o campeonato galego absoluto. Temporada fantástica de Emma, con tres medallas galegas no seu primeiro ano de cadete. Sólo o tempo e a area do foso coñecen o límite desta atleta.


Podium Triple salto femenino coa a actual subcampeona de España da especialide