Vistas de página en total

Mostrando entradas con la etiqueta Deporte escolar. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Deporte escolar. Mostrar todas las entradas

miércoles, 28 de marzo de 2012

Atletismo- Tempada de Aire Libre

Comeza a tempada ó aire libre en atletismo. Disputaranse tres xornadas onde os atletas, participarán en diferentes probas do programa atlético co fin de elexir aquelas nas que participarán no campionato provincial, e se se clasifican no campionato galego a súa categoría. A primeira xornada, disputada o 24 de marzo, estivo moi concorrida e con unha ampla participación do Colexio Guillelme Brown, cada vez mais presente en mais probas e con moi bos resultados. Esta é a crónica.

-Flor Gómez en 80 metros valados, sin ser ainda unha especialista a mellora nesta especialidade de Flor e asombrosa. Atleta que tamén realiza os 80 m.l e o salto de lonxitude con moi boas prestacións.
-Beltrán Sousa, sigue asombrando, venceu en 60 m.l e nos 500 m.l.
-Miguel Puga mellorou no salto de lonxitude a pesar de que "non é" a súa proba, ronda xa os 4 metros. Debutou na distancia de 80 m.l cun bo crono de 11´86.
-Martín Míguez, segue a realizar carreiras estupendas a pesar de non ter ainda moitas victorias, é o mais novo da categoría, pelexa hasta o último metro e pode realizar catro ou cinco probas totalmente diferentes a un gran nivel. Esta versatilidade axudáralle no futuro cando se decante por unha proba facendoo un atleta mais completo.
-Naiara Mella e Lucía Bobillo dominaron o salto de lonxitude, e coidado que as súas irmás pequenas, Shu Yang e Leire, pero da mesma categoría, veñen pisando forte.
-Xiana Cid , Zoe Bottari e Xulian Delgado debutan con boas posicións pese a súa pouquiña experiencia. Xiana apunta a gran lanzadora, levao nos xenes.
-Fabio Justo deixou asombrados ó público alí congregado nun sprint final nos 1000 metros propio do mesmesemo El Gerrouj. Que mediofondista temos aquí. Futuro gran corredor de 1500 metros.
-Jose Alonso fantástico en peso e na lonxitude. A sua mellora está sendo boísima. A súa actitude e ilusión na pista, a mellor, é o seu segredo.
-Alexandre Romero, fixo un lanzamento de peso e unha lonxitude moi boas. Un atleta con moitas condicións que debe ter paciencia. As cousas chegarán.
- Catuxa Fernández sempre con bos resultados. Outra futura gran corredora de 1500 metros.
-Debut de Sabela Blanco e Fabiola Sousa na marcha con boas prestacións dadas as características da proba. Proba moi dura e con un aspecto técnico moi característico que necesita moito adestramento.
Lucía Bobillo en pleno salto de longitud

Algunos de los atletas del Guillelme Brown

Volei femenino

REMATA A LIGA DE VOLEI EN CATEGORÍA INFANTIL

      O equipo de voleibol feminino do Guillelme Brown rematou a súa participación na Liga Galega infantil cun 7 posto, realizando un torneo en positivo, facendo grandes partidos e conseguindo mais victorias na última etapa da competición. Noraboa a elas e os seus adestradores por unha gran tempada. Agora embarcanse na copa diputación co obxectivo de chegar o mais lonxe posible.

   As xogadoras do colexio son: María Rodriguez, Flor Gómez, Emma Lorenzo, Laura Iriarte, Alejandra Vázquez, Sofía Justo

Esta é a clasificación final.

Clasificación trala Xornada numero 18

EQUIPO PJ PG PP NP JF JC TF TC PUNTOS
1 EMEVE 18 16 2 0 48 18 1514 1181 34
2 Liceo La Paz 18 15 3 0 49 12 1456 1003 33
3 Calasancias Coruña 18 15 3 0 48 16 1517 1205 33
4 AD A Pinguela 18 12 6 0 42 22 1425 1135 30
5 CV Ourense A 18 10 8 0 36 30 1374 1347 28
6 Xuvenil Teis 18 9 9 0 36 32 1460 1343 27
7 Guillelme Brown 18 7 11 0 27 41 1334 1426 25
8 Manuela Rial 18 4 14 0 17 43 1021 1329 22
9 Fisioterapia Cinesia Noia 18 2 16 0 12 48 984 1374 20
10 XAV Cambados-Al Capone 18 0 18 0 1 54 623 1365 18


jueves, 20 de octubre de 2011

SAN MARTIÑO 2011

    
              O departamento de Educación Física e de deportes quere comunicar a celebración da carreira popular do San Martiño, que se celebrará en Ourense o día 6 de Novembro. Como tódolos anos, animámosvos a celebrar cos vosos fillos esta festa do deporte que é esta tradicional carreira. Para todos aqueles asiduos a ela, sólo comentarvos que sería de gran axuda que me digades quen vai a participar e quen non, co fin de facer unha inscripción acorde. Os que nunca participástedes nela, gustaríame explicarvos polo miudo como facer. Ós alumnos e alumnas se lles entregará o dorsal, que ten que vir colocado na parte dianteira da camiseta, e un dispositivo (chip) que colocado na zapatilla sirve para saber a orde de chegada e resultado do pequeno atleta. A carreira escolar e de 4´5 km polo que aqueles alumnos/as pequenos de 6 a 11 anos debería facer o percorrido acompañado dos seus pais, xa que é unha distancia importante. Como se trata dunha festa, o alumno/a e o que decide como facer a proba, correndo as veces, camiñando se o precisa...en función das súas capacidades. Póñovos o regulamento que tamén podedes atopar nesta dirección: http://www.ourense.es/portalOurense/fdes_d4_v1.jsp?contenido=3247&tipo=6&nivel=1400&language=gl&codMenu=16&codMenuPrimerNivel=2

Regulamento categoría menores
1.- Esta carreira está reservada para todos os nenos/as nados en 1995 e seguintes
que participen de forma individual e para todos os centros escolares, tanto públicos
coma privados.
2.- A inscrición farase preferentemente a través dos colexios en www.ourense.es . De
xeito individual, os corredores con DNI inscribiranse a través de [www.ourense.es] e
[www.championchipnorte.com] e os corredores sen DNI nas oficinas do Pavillón dos
Remedios, C/ Pardo de Cela número 2.
3- Esta proba dará comezo ás 12.30 horas, con saída na Ponte do Milenio e meta na
rúa Pardo de Cela. O percorrido será de 4.500m, e discorrerá polas seguintes rúas:
Ponte do Milenio, Basilio Álvarez, Avda. das Caldas, Ponte Vella, Progreso, Praza de
Pontevedra, Paseo, Curros Enríquez, Rotonda da Policía Nacional, Ponte Nova,
Ribeira de Canedo, Ponte Vella e Pardo de Cela.

4.- Establécense as mesmas categorías para homes e mulleres, son as seguintes:
Alevín: Nados en 2001 e 2002
Infantil: Nados en 1999 e 2000
Cadete: Nados en 1997 e 1998
Xuvenil: Nados en 1995 e 1996

5.- Estableceranse clasificacións individuais e por colexios
- Clasificación individual:
Trofeo aos tres primeiros atletas de cada categoría, tanto masculina como feminina.
- Clasificación por colexios:
Premio de 120 € en material deportivo para todos os colexios que presenten un
mínimo de 25 deportistas na chegada.
Ademáis, os 6 primeiros colexios clasificados de Primaria e os 6 primeiros colexios
clasificados de Secundaria e Bacharelato recibirán premios en material deportivo:
1º 300€, 2º 250€, 3º 200€, 4º 150€, 5º 120€ e 6º 100€.
6.- No momento de retirar os dorsais, o delegado do colexio, necesariamente un
adulto, recibirá as indicacións precisas para o mellor desenvolvemento da proba,
debendo recoller e devolver os chips dos seus participantes. Todos os inscritos que
teñan recibido o seu chip teñen a obriga de devolvelo ao remate da proba.
7.- A proba pedestre para menores, salvo no especificado neste regulamento,
rexerase polo regulamento xeral da XXXV Carreira Pedestre Popular do San Martiño.
8.- Os adultos que acompañen ós nenos e nenas no percorrido escolar non entrarán
na clasificación.

            Como podedes ver a saida é as 12:30 dende a ponte do milleniun. De todos xeitos soemos por un punto de encontro dos alumnos/as do colexio co fin de sair todos xuntos. Este é xusto frente a rotonda que hai no pavillón dos remedios, o lado da critalera da piscina. Estaría moi ben que os alumnos trouxeran o dorsal xa colocado (no peito) e o chip colocado na zapatilla. Eu e outros profes soemos sair tamén na carreira acompañando os alumnos/as. É recomendable estar alí como mínimo 40 minutos antes, para quentar en condicións, resolver calquera dúbida e colocarse ben na saida aqueles que teñan intención de competir a proba mais en serio.  Sen mais, emplazarvos de novo a que vos animedes, e que me preguntedes calquera dúbida que teñades o respecto. Un saudo

sábado, 7 de mayo de 2011

Ultima Hora!!!Provincial de Atletismo

A falta de los resultados definitivos, lluvia de medallas en el Campeonato Provincial de Atletismo celebrados en Monterrey. Destacar el doble campeonato provincial de Martín Miguez, Oro en Lanzamiento de Pelota y en Salto de Longitud. Miguel Puga, Oro en 60 m.l. y bronce en Longitud, Beltrán Sousa, plata en 500 y bronce en 60 m.l. Flor Gómez, Oro en Altura y bronce en Longitud, Antonio Montes, plata en peso, Emma Lorenzo Bronce en Triple salto, Fabiola Sousa bronce en 1000 m.l. Gonzalo Ferreiros Oro en 1000m.l. además de una buena participación de otros atletas del colegio. Un éxito rotundo. Enhorabuena a todos, en cuanto disponga de los resultados completos, pondré aquí los de los demás atletas que han competido tan brillantemente.

lunes, 7 de febrero de 2011

Campeonato Comarcal Campo a través



A pesar das numerosas baixas, éxito rotundo no campeonato comarcal de cross, o clasificar a case todos os participantes do Guillelme Brown para o Provincial que terá lugar o 19 de febreiro, sabado. As boas noticias comezaban cedo, o equipo benxamín masculino proclamouse campeón comarcal por equipos cunha actuación espectacular de todos os compoñentes chegando os 5 entre os 12 primeiros.

3º Martín Miguez 3º(medalla de bronce)
4º José Alonso 2º primaria
5º Fabio Justo 2º primaria CAMPEÓNS COMARCAIS 2011
7º Mateo Díaz 3º primaria
12º Alexandre Romero 2º primaria


CATUXA FERNANDEZ BUSTILLO foi 7º clasificada en alevín femenino (Clasificada para o provincial)
NAIARA MELLA CRISTOBAL foi 8º clasificada en benxamín femenino
LUCÍA BOBILLO RODRIGUEZ foi 10ª clasificada en benxamín femenino ( ambolas duas clasificadas para o provincial
CARLA PADRÓN RODRÍGUEZ foi 20ª clasificada en benxamín femenino
BELTRAN SOUSA MARTIN foi o 2º clasificado e medalla de prata en alevín
masculino(clasificado para o provincial)
OSCAR GAZAPO RODRÍGUEZ foi o 15º clasificado en alevín masculino.
FABIOLA SOUSA MARTINEZ foi a 8ª clasificada en infantil feminino(clasificada para o provincial)
GONZALO FERREIROS ESTEBAN foi o 4º clasificado en infantil masculino( clasificado para o provincial)
PABLO DE LA TORRE CUEVAS foi o 8º clasificado en cadete masculino (clasificado para o provincial



jueves, 27 de enero de 2011

RESULTADOS PREVIA COMARCAL

https://docs.google.com/#folders/folder.0.0B_F7_XqjJW0HODg5ODhiMDItZDg4Ni00NTNlLThjODgtMzdiYzk2ODk1NmFj

Grandes resultados na primeira competición de Campo a través do ano. Bo preludio do que ten que ser o campionato comarcal do día 5 de febreiro. Gran carreira benxamín masculino con 5 atletas do colexio entre os 10 primeiros, desde logo será o equipo favorito para ser campeóns comarcales. Bos resultados tamén do resto de atletas do cole:
SABELA BLANCO: 8ª ALEVIN FEM.
NAIARA MELLA : 7ª BENXAMIN FEM.
LUCÍA BOBILLO: 9ª BENXAMÍN FEM.
CARLA PADRÓN: 15ª BENXAMÍN FEM.
OSCAR GAZAPO: 4º ALEVÍN MASC.
FABIOLA SOUSA: 10ª INFANTIL FEM.
ALVARO BLANCO: 14º INFANTIL MASC.

Emilia Antao, correndo co clube BEN CHO SEY, pero alumna do colexio foi a clara gañadora da proba benxamín femenino, amosando unha total superioridade. Felicidades Emilia

Benxamín masculino
1 394 MRP070803 MARTÍN RIVERA PÉREZ BN 2003 DIV - DIVINO MAESTRO DE OURENSE
2 310 MMS110502 MARTIN MIGUEZ SEARA BN 2002 COLEXIO GUILLELME BROWN
3 379 HAA020603 HUGO ALVAREZ ANTUNEZ BN 2003 DIV - DIVINO MAESTRO DE OURENSE
4 286 MDC050902 MATEO DIAZ COUÑAGO BN 2002 COLEXIO GUILLELME BROWN
5 432 DRR220402 DAVID RODRIGUEZ RODRIGUEZ BN 2002 OAAPOURENSE AT. - ACADEMIA POSTAL
6 302 FJV070603 FABIO JUSTO VILLAR BN 2003GUIB - COLEXIO GUILLELME BROWN
7 333 AAG041103 ADRIÁN ANTA GIL BN 2003 CON - CONCEPCION ARENAL OURENSE
8 265 JAG120403 JOSÉ ALONSO GONZALEZ BN 2003 GUIB - COLEXIO GUILLELME BROWN
9 242 FEJ020703 JUÁN FIDALGO ESTÉVEZ BN 2003 PUR - COLEXIO "LA PURÍSIMA"
10 253 MNM100602 MIGUEL NÓVOA MORALES BN 2002 PUR - COLEXIO "LA PURÍSIMA"
11 321 ARR050503 ALEXANDRE ROMERO RUA BN 2003 COLEXIO GUILLELME BROWN

domingo, 23 de enero de 2011

Previa Comarcal de Campo a través

Este sabado día 22 de Xaneiro, comezarán as probas comarcais de campo a través. Sábado a sábado os atletas irán superando fases ata chegar o Campionato Galego de Campo a través que este ano se celebra en Ourense. Co fin de ir collendo experiencia nestas carreiras os pequenos e pequenas poderán iniciarse este sabado. É ademais unha competición especial, xa que a pesar do caracter individual do Atletismo, nesta disciplina existe unha clasificación por equipos, sumando os postos conseguidos polos 4 primeiros atletas de cada equipo. Moita sorte a todos os atletas e as atletas do Guillelme Brown

Aquí Plano e horario

1º Cross da temporada

Este domingo celebrouse no complexo de Monterrey o Memorial Alejandro Lorenzo de Campo a través que da o pistoletazo oficial as probas de cross que se celebrarán a partir de agora e que irán levando os atletas cara o obxetivo invernal que será a disputa do campionato galego de campo a través, seguramente a proba escolar deportiva con maior participación.
Tres alumnos participaron neste cross acadando bos resultados, tendo en conta que os mellores de galicia se atopaban competindo en Ourense.
Fabiola Sousa clasificouse no posto 53 na categoría infantil femenino.
O seu irmán Beltrán Sousa foi o 25 clasificado en alevín masculino.