Vistas de página en total

Mostrando entradas con la etiqueta Deporte. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Deporte. Mostrar todas las entradas

miércoles, 28 de marzo de 2012

Atletismo- Tempada de Aire Libre

Comeza a tempada ó aire libre en atletismo. Disputaranse tres xornadas onde os atletas, participarán en diferentes probas do programa atlético co fin de elexir aquelas nas que participarán no campionato provincial, e se se clasifican no campionato galego a súa categoría. A primeira xornada, disputada o 24 de marzo, estivo moi concorrida e con unha ampla participación do Colexio Guillelme Brown, cada vez mais presente en mais probas e con moi bos resultados. Esta é a crónica.

-Flor Gómez en 80 metros valados, sin ser ainda unha especialista a mellora nesta especialidade de Flor e asombrosa. Atleta que tamén realiza os 80 m.l e o salto de lonxitude con moi boas prestacións.
-Beltrán Sousa, sigue asombrando, venceu en 60 m.l e nos 500 m.l.
-Miguel Puga mellorou no salto de lonxitude a pesar de que "non é" a súa proba, ronda xa os 4 metros. Debutou na distancia de 80 m.l cun bo crono de 11´86.
-Martín Míguez, segue a realizar carreiras estupendas a pesar de non ter ainda moitas victorias, é o mais novo da categoría, pelexa hasta o último metro e pode realizar catro ou cinco probas totalmente diferentes a un gran nivel. Esta versatilidade axudáralle no futuro cando se decante por unha proba facendoo un atleta mais completo.
-Naiara Mella e Lucía Bobillo dominaron o salto de lonxitude, e coidado que as súas irmás pequenas, Shu Yang e Leire, pero da mesma categoría, veñen pisando forte.
-Xiana Cid , Zoe Bottari e Xulian Delgado debutan con boas posicións pese a súa pouquiña experiencia. Xiana apunta a gran lanzadora, levao nos xenes.
-Fabio Justo deixou asombrados ó público alí congregado nun sprint final nos 1000 metros propio do mesmesemo El Gerrouj. Que mediofondista temos aquí. Futuro gran corredor de 1500 metros.
-Jose Alonso fantástico en peso e na lonxitude. A sua mellora está sendo boísima. A súa actitude e ilusión na pista, a mellor, é o seu segredo.
-Alexandre Romero, fixo un lanzamento de peso e unha lonxitude moi boas. Un atleta con moitas condicións que debe ter paciencia. As cousas chegarán.
- Catuxa Fernández sempre con bos resultados. Outra futura gran corredora de 1500 metros.
-Debut de Sabela Blanco e Fabiola Sousa na marcha con boas prestacións dadas as características da proba. Proba moi dura e con un aspecto técnico moi característico que necesita moito adestramento.
Lucía Bobillo en pleno salto de longitud

Algunos de los atletas del Guillelme Brown

Volei femenino

REMATA A LIGA DE VOLEI EN CATEGORÍA INFANTIL

      O equipo de voleibol feminino do Guillelme Brown rematou a súa participación na Liga Galega infantil cun 7 posto, realizando un torneo en positivo, facendo grandes partidos e conseguindo mais victorias na última etapa da competición. Noraboa a elas e os seus adestradores por unha gran tempada. Agora embarcanse na copa diputación co obxectivo de chegar o mais lonxe posible.

   As xogadoras do colexio son: María Rodriguez, Flor Gómez, Emma Lorenzo, Laura Iriarte, Alejandra Vázquez, Sofía Justo

Esta é a clasificación final.

Clasificación trala Xornada numero 18

EQUIPO PJ PG PP NP JF JC TF TC PUNTOS
1 EMEVE 18 16 2 0 48 18 1514 1181 34
2 Liceo La Paz 18 15 3 0 49 12 1456 1003 33
3 Calasancias Coruña 18 15 3 0 48 16 1517 1205 33
4 AD A Pinguela 18 12 6 0 42 22 1425 1135 30
5 CV Ourense A 18 10 8 0 36 30 1374 1347 28
6 Xuvenil Teis 18 9 9 0 36 32 1460 1343 27
7 Guillelme Brown 18 7 11 0 27 41 1334 1426 25
8 Manuela Rial 18 4 14 0 17 43 1021 1329 22
9 Fisioterapia Cinesia Noia 18 2 16 0 12 48 984 1374 20
10 XAV Cambados-Al Capone 18 0 18 0 1 54 623 1365 18


sábado, 22 de octubre de 2011

Haile Gebrselassie, premio Principe de Asturias dos deportes


O que é, posiblemente o mellor atleta de fondo da historia foi galardonado esta semana co premio Principe de Asturias dos deportes. Destaco esta noticia, non só por ter que ver cos deportes, senon pola importancia que lle da, a este galardón,  un atleta da talla do etiope. Nacer en Etiopía configuroulle unhas condicións xenéticas maravillosas, pero tamén unha capacidade de sacrificio enorme debido as duras condicións de vida que alí se soportan. É a través dun deporte coma o atletismo, como Haile, aplica nel, o que na vida aprendeu, sacrificio e traballo para chegar o mais alto, pero non de calquera maneira, chegando cunha sorisa na cara onstantemente e sendo un autentico campión nas victorias e nas derrotas. Fai apenas unhas semanas, retirábase da Maratón de Berlín por lesión, aceptou con humildade e bo humor esa situación, e declarou querer correr nos Xogos Olímpicos de Londres 2012, onde probablemente, veremos correr por última vez o mellor. Nótaseme e recoñezo predilección por este atleta que me fixo disfrutar en tantas carreiras.
  Déixovos, en francés, unha das súas carreiras mais incribles: Final Olímpica de 10000 m.l. Sydney 2000


viernes, 4 de febrero de 2011

MUNDIAL DE BALONMANO

Acábase de celebrar en Suecia o campeonato do mundo de Balonmano. Un campeonato espectacular con partidos memorables. Proclamouse campeona unha Francia intratable, campeona Olímpica, europea e agora por 2ª vez mundial, quizais a mellor selección da historia, a unha grandísima selección de Dinamarca que acadou o subcampeonato. España realizou un papel extraordinario quedando medalla de bronce, gañandolle os anfitrións, nun mundial cun nivel altísimo. Reflexionar sobre o impacto que tivo o mundial, xa que a xente apenas se enterou do campeonato. Realmente neste pais se trata ben o deporte?, agora que temos tantos éxitos, e presumimos deles, e practicamente só se fala dunha cousa, que si acaso, xa nin é deporte...por suposto opinión personal. Os que non viron o mundial, non saben o que se perderon, así que vos poño os mellores goles do campeonato para que vexades a espectacularidade deste deporte.

domingo, 23 de enero de 2011

El mejor corredor de la historia

Este es un reportaje que Informe Robinson le hizo al más grande fondista de todos los tiempos, no sólo por sus exitos, sino por su manera de afrontar la vida y el deporte y el camino que tuvo que recorrer para llegar hasta donde ha llegado. Está a punto de retirarse, por lo que deberíamos disfrutar mientras podamos de verlo correr.

Parte 1


Parte 2


Hace 11 años se produjo una película documental sobre su vida llamada: ENDURANCE. Si alguien está interesado, yo la tengo en Inglés sin subtítulos.

www.imdb.com/title/tt0120659/