Vistas de página en total

viernes, 6 de abril de 2012

Campionato galego de Pista Cuberta escolar

Campionato galego de Pista Cuberta escolar

             Tres atletas do colexio participaron neste campionato multitudinario. O obxectivo era coller experiencia neste tipo de probas con un nivel de esixencia, xa mais alto do que están acostumados. O resultado foi positivo, tanto por postos e marcas coma por experiencia, xa que rondaron as medallas todos eles.
- Fabio Justo quedou clasificado en 5º posición correndo nos tempos que soe correr e cun percance nos últimos metros cun corredor que o final descalificaron.
 - José Alonso competia en duas probas, o 50 m.l. no que non se clasificou para a final por pouco quedando no 8º posto global, pasaban 6 á final. No lanzamento de peso acadou o 5º posto nunha competición moi reñida. De haber lanzado a súa marca houbese estado en medalla. Gran nive de José.
- Flor Gómez levouse a peor parte nos 50 metros valados, xa que quedouse a unhas centésimas de meterse nunha final que merecía. 7º de galicia polo tanto, con unha enorme progresión en esta proba xa que está moi verde técnicamente.
  En resumo, unha gran experiencia para eles xa que ir a un campeonato galego en atletismo non é doado, e mellores resultados dos esperados, tendo en conta a pouca experiencia que os nosos/as atletas ainda atesoran.