Vistas de página en total

domingo, 23 de enero de 2011

1º Cross da temporada

Este domingo celebrouse no complexo de Monterrey o Memorial Alejandro Lorenzo de Campo a través que da o pistoletazo oficial as probas de cross que se celebrarán a partir de agora e que irán levando os atletas cara o obxetivo invernal que será a disputa do campionato galego de campo a través, seguramente a proba escolar deportiva con maior participación.
Tres alumnos participaron neste cross acadando bos resultados, tendo en conta que os mellores de galicia se atopaban competindo en Ourense.
Fabiola Sousa clasificouse no posto 53 na categoría infantil femenino.
O seu irmán Beltrán Sousa foi o 25 clasificado en alevín masculino.

No hay comentarios: