Vistas de página en total

miércoles, 28 de marzo de 2012

Atletismo- Tempada de Aire Libre

Comeza a tempada ó aire libre en atletismo. Disputaranse tres xornadas onde os atletas, participarán en diferentes probas do programa atlético co fin de elexir aquelas nas que participarán no campionato provincial, e se se clasifican no campionato galego a súa categoría. A primeira xornada, disputada o 24 de marzo, estivo moi concorrida e con unha ampla participación do Colexio Guillelme Brown, cada vez mais presente en mais probas e con moi bos resultados. Esta é a crónica.

-Flor Gómez en 80 metros valados, sin ser ainda unha especialista a mellora nesta especialidade de Flor e asombrosa. Atleta que tamén realiza os 80 m.l e o salto de lonxitude con moi boas prestacións.
-Beltrán Sousa, sigue asombrando, venceu en 60 m.l e nos 500 m.l.
-Miguel Puga mellorou no salto de lonxitude a pesar de que "non é" a súa proba, ronda xa os 4 metros. Debutou na distancia de 80 m.l cun bo crono de 11´86.
-Martín Míguez, segue a realizar carreiras estupendas a pesar de non ter ainda moitas victorias, é o mais novo da categoría, pelexa hasta o último metro e pode realizar catro ou cinco probas totalmente diferentes a un gran nivel. Esta versatilidade axudáralle no futuro cando se decante por unha proba facendoo un atleta mais completo.
-Naiara Mella e Lucía Bobillo dominaron o salto de lonxitude, e coidado que as súas irmás pequenas, Shu Yang e Leire, pero da mesma categoría, veñen pisando forte.
-Xiana Cid , Zoe Bottari e Xulian Delgado debutan con boas posicións pese a súa pouquiña experiencia. Xiana apunta a gran lanzadora, levao nos xenes.
-Fabio Justo deixou asombrados ó público alí congregado nun sprint final nos 1000 metros propio do mesmesemo El Gerrouj. Que mediofondista temos aquí. Futuro gran corredor de 1500 metros.
-Jose Alonso fantástico en peso e na lonxitude. A sua mellora está sendo boísima. A súa actitude e ilusión na pista, a mellor, é o seu segredo.
-Alexandre Romero, fixo un lanzamento de peso e unha lonxitude moi boas. Un atleta con moitas condicións que debe ter paciencia. As cousas chegarán.
- Catuxa Fernández sempre con bos resultados. Outra futura gran corredora de 1500 metros.
-Debut de Sabela Blanco e Fabiola Sousa na marcha con boas prestacións dadas as características da proba. Proba moi dura e con un aspecto técnico moi característico que necesita moito adestramento.
Lucía Bobillo en pleno salto de longitud

Algunos de los atletas del Guillelme Brown

No hay comentarios: