Vistas de página en total

jueves, 16 de febrero de 2012

FIN DE SEMANA DE EXITOS PARA O ATLETISMO DO GUILLELME

O sabado celebrábase o campionato provincial de cross. Esta proba, raiña das competicións escolares, reuniu a centos de rapaces e rapazas nunha xornada marcada polo frio, pero nun dia sen nubes nin ameaza de choiva. O colexio Guillelme Brown, acudía con dous equipos a competir e outros atletas clasificados de maneira individual. As primeiras en saltar a area, foron as benxaminas femeninas. Cun equipo ben conxuntado e un futuro prometedor, as irmás Mella e as irmás Bobillo ben secundas por Xiana Cid e Carla Padrón, conseguían un bronce por equipos realmente espectacular. Os seus resultados, os seguintes:
5. Naiara Mella
19. Leire Mella
24. Lucia Bobillo
25. Shu Yang Bobillo
32. Xiana Cid
52. Carla Padrón

En categoría alevín femenino, competía Catuxa Fernandez con aspiracións de clasificarse para o campionato galego, o final non puido ser quedando de 12 pero moitas atletas en apenas uns segundos. Calidade ten de sobra para dar moitas alegrías o colexio.

En benxamín masculino, competiron dous atletas dos que se agarda moito. Fabio Justo, que se clasificou 7º e José Alonso de 17º con unha progresión enorme nas últimas carreiras

Os alevíns masculinos tamén levaban equipo, xa que foron campións comarcais. Clasificaronse 7º por equipos. Beltrán Sousa liderou o equipo cun 7º posto que lle da o billete para o campionato galego, nunha categoría, este ano, durísima en Ourense polo nivel dos atletas. Martín Miguez, fixo un extraordinario 13º posto, sendo alevín de 1º ano e amosando a espectacular clase que ten, un valor seguro para o futuro. Completaron o equipo Martín Fernandez(54), Mateo Díaz(51) e Xian Guijarro(66).

O último participante, foi o velocista Miguel Puga, que fora do seu ambiente habitual, fixo un meritorio  26 posto, demostrando humildade e forza de vontade nunha especialidade na que non destaca. Esto axudaralle a mellorar, de seguro, nas súas probas de cara o campionato galego de pista cuberta que se celebrará en Marzo.

 CAMPIONATO GALEGO DE PISTA CUBERTA CATEGORÍA CADETE

  O domingo celebrábase este campionato, que se caracteriza, xa, polo nivel de eixencia ós participantes, que necesitan unha marca determinada nas súas probas para clasificarse. A él, chegaron dous representantes do colexio. Antonio Montes, clasificandose 7º de galicia en lanzamento de peso e Emma Lorenzo relizando unha espectacular competición quedando 3º de galicia e polo tanto subindo o podium para recoller a medalla de bronce con duas compañeiras de proba que loitarán polo títuto nacional en breves datas. Esto da que decir do enorme nivel que hai actualmente en esta proba, tan complicada técnicamente. Esto unido a que o adestramento de Emma non é nin moitísimo menos esixente, fainos ser moi optimistas debido o enorme talento que posue.


 Noraboa a todos os partticipantes!!!!

No hay comentarios: