Vistas de página en total

lunes, 6 de febrero de 2012

Nace o Clube Atletismo Guillelme Brown

 O que naceu fai dous anos como unha maneira de disfrutar do meu maravilloso deporte cos meus alumnos/as e inculcar os valores que este lle proporciona a aquel que o practica, como unha escola deportiva mais do colexio, da un pasiño mais convertíndose en clube de atletismo. A idea fundamental é proporcionar a todos aqueles que lles guste este duro e fermoso deporte, mais e mellor atención e unha estructura mais asentada, dende a humildade, pero con moita ilusión. Este ano, á hora que facemos semanal no colexio, sumámoslle a aventura de facer un grupo de entrenamento, cos atletas mais asentados e veteráns do colexio, para entrenar fora do colexio outra hora mais, en instalacións mais axeitadas para a práctica do atletismo. Oito atletas forman parte deste grupo, o que considero un éxito total. O ano que ben, esperamos, seguir crecendo un pouquiño e desenvolver novos proxectos, ós cales todos estades convidados, tanto a participar, coma a aportar calquera tipo de idea. Darlle as gracias a dirección do colexio pola súa colaboración e axuda. Un saudo



Equipo Benxamín Feminino: CAMPIÓN COMARCAL DE CAMPO A TRAVÉS

No hay comentarios: